Novidades

Bótalle un ollo aos últimos artigos, aos nosos traballos de interpretación das fontes orixinais, ou ponte ao día cos podcasts da Asociación.

Diálogos de Acero. Terceira Tempada

on August 20, 2019

Diálogos de Acero 3x01 No primeiro episodio da nosa terceira tempada, retomamos a disciplina da espada e broquel con Darío Sánchez e Iago Santalices. Ton Puey, Roberto Gotti e George Zacharopoulos sentan na nosa Mesa de Mestres; e Patrick, do Ulf Klan, explícanos as diferencias entre HEMA e recreación. Diálogos de Acero 3x02 Manuel Campo, da Asociación Luguesa de Esgrima Antiga; e Diniz Cabreira, da Sala de Arte do Combate, son os nosos invitados neste podcast adicado á espada longa e as tradicións italiana e xermánica.

Seguir lendo

As regras do Montante

on August 16, 2019

Nas marxes do libro De Locis Theologicis Libre Duodecim… …un tratado de teoloxía de Melchor Cano, publicado no ano 1563, foi achado un dos textos máis curiosos que se conservan sobre a loita con montante. Estas breves liñas son sete regras sinxelas para aprender a dominar a arma, anotadas sen dúbida por algún escolar un pouco canso das profundidades teolóxicas do libro. O texto viu a luz grazas á obra “Las anotaciones manuscritas en los impresos del siglo XVI de la Biblioteca Pública del Estado en Toledo” que a investigadora e bibliotecaria Julia Méndez Aparicio elaborou no ano 2004.

Seguir lendo

Espada de Man e Media

on April 4, 2019

A espada longa medieval, tamén chamada de man e media, é esa arma que se nos vén á cabeza cando nos piden que imaxinemos unha espada, sen mais. Esa arma que se colle con dúas mans, e se manexa con potentes golpes, a ser posible por parte de fornidos guerreiros e destemidos bárbaros, os únicos que teñen a forza necesaria para levantala… a que si? Pois non. Esquece todo o que sabes da espada longa, porque é un arma máis sutil, veloz e complexa do que imaxinas.

Seguir lendo

Espada Roupeira

on April 4, 2019

Se pensas nas espadas dos tres mosqueteiros, a de Alatriste, ou mesmo a de Íñigo Montoya, entón xa saberás o que é unha Espada Roupeira. Se queres saber os detalles, dirémosche que era unha espada de uso eminentemente civil (o de roupeira ten que ver con levar roupa, non armadura!) que se caracteriza por unha folla longa e fina, e por levar bastantes proteccións na empuñadura. Dende o século XVI ata o principio do XVIII foi evolucionando continuamente, ata desembocar nas espadas con guarnición “de taza”, que son as que máis usamos nós nas nosas aulas.

Seguir lendo

Ex Cathedra