Espada de Man e Media

April 4, 2019

Aula de man e media

A espada longa medieval, tamén chamada de man e media, é esa arma que se nos vén á cabeza cando nos piden que imaxinemos unha espada, sen mais.

Esa arma que se colle con dúas mans, e se manexa con potentes golpes, a ser posible por parte de fornidos guerreiros e destemidos bárbaros, os únicos que teñen a forza necesaria para levantala… a que si?

Pois non. Esquece todo o que sabes da espada longa, porque é un arma máis sutil, veloz e complexa do que imaxinas.

Ven a probar unha das nosas aulas de Man e Media e comprobaralo. Na AOUREA practicamos a esgrima que se facía a principios do século XV, segundo as ensinanzas do mestre Fiore dei Liberi, que nos deixou algúns dos tratados máis completos que se conservan.

Aprenderás as gardas, os pasos de combate, os golpes cos que atacar cada garda, e as sutís xogos que saen do contacto coa folla contraria.

Ademais, tomarás consciencia de como moverte detrás da espada, protexéndote e apartando o corpo do perigo, o que che será útil en calquera outra disciplina que practiques a maiores.

Por último, aínda que non o pareza, a espada longa é máis equilibrada de manexar e faise menos pesada que a roupeira, polo que é inmellorable para un adestramento físico máis completo e proporcionado, posto que traballan por igual os músculos das dúas metades do corpo.

Roupeira e Man e Media non son excluíntes, xa que asociarte á AOUREA dá dereito a participar en todas as nosas clases, polo que poderás probar que estilo che gusta máis! A qué estás a agardar? Ven visitarnos!