Diálogos de Acero. Segunda Tempada

March 20, 2019

Diálogos de Acero 2x01

¡Volven os Diálogos de Acero! Nesta ocasión, Diego Conde e Santiago Vilar acoden de reporteiros ao torneo Torre de Hércules e nos traen a todos os seus protagonistas.


Diálogos de Acero 2x02

Neste novo episodio, Juan Diego Conde e Santiago Vilar fálannos da Espada Roupeira; Berto, da Sala Luguesa senta na Mesa de Mestres e nos achegamos a falar co único StormTrooper español: o actor David Santana.


Diálogos de Acero 2x03

O terceiro episodio desta tempada de Diálogos de Acero está adicado a outras armas das que se fai interpretación, ademais da espada, cando falamos das HEMA. Efrén Faraldo, da Sala Naronesa de Esgrima Antiga, é o noso invitado na Mesa de Mestres; e aproveitando o día de Ler a Tolkien (24 de marzo), achegámonos a algúns pasaxes sobre as armas, as armaduras e as loitas das súas sagas.


Diálogos de Acero 2x04

Neste capítulo de Diálogos de Acero, achegámonos ao Encontro Galego de Esgrima e repasamos o estado xeral das Artes Marciais Históricas Europeas en Galicia. Con entrevistas a Rubén Rodríguez (Academia Asturiana), Darío Sánchez (Cidade de Ávila) e Diego Silveira (Grupo de Esgrima Medieval e Artes de Combate de Oporto).


Diálogos de Acero 2x05

Neste quinto episodio da nosa segunda tempada, centrámonos nas actividades de divulgación. En primeiro lugar escoitaremos a conferencia que Juan Diego Conde impartiu no Octavo Pasaxeiro de Ourense, antes de que se sente na nosa Mesa de Mestres. Marcos Ferro pechará o podcast coa súa conferencia nas xornadas “Cando Mario coñeceu a Clío”, organizadas pola Universidade de Vigo e a asociación El Octavo Historiador.


Diálogos de Acero 2x06: Especial Torre de Hércules

Poñemos fin á nosa segunda tempada recollendo as impresións do Torneo Torre de Hércules, o grande evento esgrimístico do Noroeste español. Con entrevistas a Karin Verelst, Niko Zappa e Lucio González, entre outros.


Especial I Reunión Internacional de la Academia da Espada

Con motivo da primeira Reunión Internacional da Academia da Espada, Diálogos de Acero senta a Roberto Gotti, George Zacharopoulos e Ton Puey (coa colaboración de David Pascal) para falar da situación das HEMA.