Diálogos de Acero. Primeira Tempada

March 4, 2019

Diálogos de Acero 1x01

No primeiro podcast de Diálogos de Acero, os membros da AOUREA presentan a disciplina da Esgrima Antiga; ten lugar a primeira Mesa de Maestros e desterramos varios tópicos do mundo esgrimístico que nos ten deixado o cine e a televisión.


Diálogos de Acero 1x02

No noso segundo episodio, Juan Diego Conde e Santiago Vilar repasan as distintas disciplinas asociadas aá esgrima; Ton Puey nos recibe para a nosa Mesa de Maestros e repasamos a historia da nosa ferramenta fundamental: a Espada.


Diálogos de Acero 1x03

Na terceira entrega do podcast da Asociación Ourensá de Esgrima Antiga, centrámonos na disciplina da Espada e Broquel; a nosa Mesa de Maestros recibe a Manuel Campo, da Sala Lucense; e analizamos a película “Braveheart” dende a perspectiva dun maestro de armas.


Diálogos de Acero 1x04

A Man e Media é a protagonista do noso cuarto podcast, onde falamos dos principais artífices desta modalidade. Damián Troncoso é o protagonista da nosa Mesa de Maestros, e achegámonos á experiencia da rodaxe da serie “O Final do Camiño”.


Diálogos de Acero 1x05

No noso quinto episodio de Diálogos de Acero, achegámonos á historia das espadas de Punta e Corte; Andrés herrero, de Gallaecia in Armis séntase na nosa Mesa de Maestros e analizamos as armas e duelos de “Xogo de Tronos” con motivo do estreno da súa séptima tempada.


Especial Torre de Hércules

Ton Puey volve a Diálogos de Acero para repasar con nós todo o que nos agarda no gran encontro esgrimístico do Noroeste: o X Torneo Torre de Hércules.