Transcripcions

As regras do Montante

Nas marxes do libro De Locis Theologicis Libre Duodecim… …un tratado de teoloxía de Melchor Cano, publicado no ano 1563, foi achado un dos textos máis curiosos que se conservan sobre a loita con montante. Estas breves liñas son sete regras sinxelas para aprender a dominar a arma, anotadas sen dúbida por algún escolar un pouco canso das profundidades teolóxicas do libro. O texto viu a luz grazas á obra “Las anotaciones manuscritas en los impresos del siglo XVI de la Biblioteca Pública del Estado en Toledo” que a investigadora e bibliotecaria Julia Méndez Aparicio elaborou no ano 2004.

Seguir lendo

As mañas do Rei Duarte

O rei Duarte I de Portugal (1391-1438) foi chamado “O Rei Filósofo” polo seu interese pola cultura e as artes. Ademáis dun opúsculo de “Conselhos”, hai dous libros completos da súa man que chegaron ata os nosos días: o “Leal Conselheiro”, unha guía de comportamentos éticos e morais para os cortesanos, e o “Livro da Ensinança de Bem Cavalgar Toda Sela”, un manual de equitación. É precisamente nesta última obra, onde, sen vir moito a conto, como o propio Rei recoñece, atopamos un capítulo adicado aos exercicios de loita que Duarte lembra da súa mocidade.

Seguir lendo