Espada Roupeira

April 4, 2019

Clase de roupeira

Se pensas nas espadas dos tres mosqueteiros, a de Alatriste, ou mesmo a de Íñigo Montoya, entón xa saberás o que é unha Espada Roupeira.

Se queres saber os detalles, dirémosche que era unha espada de uso eminentemente civil (o de roupeira ten que ver con levar roupa, non armadura!) que se caracteriza por unha folla longa e fina, e por levar bastantes proteccións na empuñadura. Dende o século XVI ata o principio do XVIII foi evolucionando continuamente, ata desembocar nas espadas con guarnición “de taza”, que son as que máis usamos nós nas nosas aulas.

Porque o certo é que, estilos de loita con estas espadas houbo moitos, nos ensinamos o que se chamou a Verdadeira Destreza, segundo a interpretación que se fai na Academia da Espada, escola da que formamos parte.

A Verdadeira Destreza, que se desenvolveu principalmente na península ibérica, trata de estandarizar a arte da loita mediante principios matemáticos e filosóficos, e desenvolve técnicas específicas de control da arma contraria e da distancia.

Ven probar as nosas aulas de roupeira se queres aprender unha arte marcial distinta e elegante como unha danza barroca, na que ademais de conectar co pasado che permite ser consciente da túa posición corporal e tomar control do teu corpo, mentres aprendes algunhas das técnicas de duelo máis eficaces endexamais creadas!

Roupeira e Man e Media non son excluíntes, xa que asociarte á AOUREA dá dereito a participar en todas as nosas clases, polo que poderás probar que estilo che gusta máis! A qué estás a agardar? Ven visitarnos!